No século VI a.C., un navegante cartaxinés chamado Himilco emprendeu unha lexendaria expedición de exploración da Europa atlántica, abrindo novas rutas para os mercadores fenicios do metal. As viaxes destes foron despois esquecidas pola Historia e convertéronse en lenda. Hoxe, a arqueoloxÃa acaba de descubrir no recinto do Museo do Mar en Vigo os restos dun asentamento fenicio. Trátase do destacamento comercial desta cultura situado máis ao norte do continente. A súa existencia transformou a lenda en realidade e cambia, de paso, algunhas das ideas sobre as orixes da cultura castrexa.
Tres pedras fincadas baixo o castro de Alcabre, un espacio arqueolóxico situado dentro do recinto do Museo do Mar de Vigo, están a modificar o que sabemos sobre as orixes da cultura castrexa. Son as bases dun altar púnico, é dicir, un recinto sagrado erguido por fenicios cartaxineses. Os arqueólogos pensan que é o asentamento fenicio máis ao norte de Europa dos que se coñecen ata o momento. O seu achado certifica as mÃticas exploracións fenicias do século VI a.C. cara ao norte de Europa na busca de metais preciosos e abre novas perspectivas sobre a influencia mediterránea no nacemento da cultura dos castros.
Cando o Concello de Vigo decidiu remodelar un antigo espacio industrial e pesqueiro para construÃr alà o Museo do Mar, ninguén sabÃa que nese espacio existÃa un castro que foi descuberto co inicio das obras. O achado supuxo un cambio no plano museÃstico e optouse por integrar parte da zona arqueolóxica (uns 240 metros cadrados) no Museo como unha área máis da visita ao recinto. A escavación que se acometeu atopouse cun depósito riquÃsimo, que contiña unha longa cronoloxÃa: do século VII a.C. ao IV-V d.C. O depósito de Alcabre é un observatorio privilexiado sobre o noso pasado e as súas transformacións culturais: nos máis de mil anos de historia o recinto pasou dun primeiro poboado da Idade do Bronce á Idade do Ferro –o mundo castrexo tal e coma o coñecemos– e, a partir da invasión romana, o antigo recinto converteuse no camposanto dunha veciña poboación romana.
Paracaidistas fenicios
Os arqueólogos decidiron concentrarse na etapa máis visible e comprensible do depósito: aquela que agochaba o recinto castrexo do século III a.C. e que Vicente Caramés, o arqueólogo do Museo do Mar e director da primeira fase da escavación define como “zona de petrificación”. Os motivos son clásicos na loita entre ciencia e espectáculo: o recinto castrexo clásico, coas súas casas redondas e as súas estructuras facilmente recoñecibles, é máis facilmente explicable e comprensible para os visitantes. A fase anterior, aquela que chega ata o século VII a.C., a penas conserva restos materiais e escavala suporÃa rematar co depósito como tal: “deste xeito podemos preservar o depósito para que o dÃa de mañá se poida realizar calquera investigación. Depósito non escavado, depósito preservado. Esa é a miña máxima”, indica Caramés.
A partir dese estrato dun poboado castrexo clásico do século III a.C., os arqueólogos decidiron facer catro catas de 2x2 metros cara ao estrato inferior, o correspondente aos primeiros anos de formación da cultura dos castros: un momento histórico aÃnda moi descoñecido para os arqueólogos e que se sitúa entre os séculos VIII e III a.C. , en plena Idade do Bronce.
Nese estrato do depósito atoparon preto de 2000 restos de ánforas e cerámica púnica, o cal supuña o achado máis importante deste tipo de materiais que se atopou ata o momento en Galicia. Non era o primeiro, de todos os xeitos: na Lanzada (O Grove) xa se acharan 18 fragmentos de ánforas e no Castro do Neixón, en Boiro, outros poucos. O novo achado falaba dun momento de especial actividade entre os séculos V e IV a.C. A abundancia de cerámica permitiu obter algúns datos a maiores: tratábase de ánforas tipo C, identificadas como procedentes da antiga colonia fenicia de Gadir (Cádiz) e que no seu interior contiveron conservas en salmoira. “Posiblemente as conservas foran a moeda, o sistema de troco dos mercadores fenicios coa poboación local”, seguundo indica o arqueólogo Vicente Caramés. “Determinados castros costeiros convertéronse nos séculos V e IV a.C. en factorÃas comerciais”, sinala Caramés, “que recibÃan do interior metais para comercializaren e que importaban mercadorÃas exóticas de daquela como a salgadura de peixe”. O contacto estable entre a antiga Galicia e o mundo mediterráneo ficaba certificado.
E o altar
Despois xuntouse outra nova sorpresa: nunha das catas apareceu un grupo de tres pedras fincadas –na súa orixe foran catro– rodeadas dunha estructura rectangular que o arqueólogo José Suarez, da Catedral de Santiago, e Iván Negueruela, director do Museo Arqueolóxico de Cartaxena, identificaron como as bases dun altar necesario para os cultos dunha relixión mediterránea. “A aparición dun templo púnico non só representa comercio, senón tamén un asentamento da poboación”, indica Vicente Caramés. Este tipo de altar, insólito para a época en Galicia, é similar aos empregados no mundo mediterráneo por diferentes culturas. Combinado co achado das ánforas, amosa unha procedencia púnica, fenicia, da xente que habitou ese recinto. Posiblemente un destacamento comercial.
Buscadores de estaño e Cassitérides
No século IV, un procónsul romano chamado Rufo Festo Avieno escribe, a partir de textos moi antigos, un poema titulado “Ora MarÃtima”. Nel relata unha navegación alén das Columnas de Hércules, é dicir, polo Atlántico situado máis alá do Estreito de Xibraltar. O poema, que se inspira nun desaparecido texto do navegante fenicio do século VI a.C. Himilcón, describe o litoral que conduce ata as Illas Cassitérides, o mÃtico arquipélago rico en estaño co que comerciaron os pobos mediterráneos, situadas enfronte da Oestrimnia, posiblemente unha antiga denominación da costa galega.
Esas poucas liñas dedicadas ás illas e Oestrimnia e ao pobo que a habitaba permitiron durante moito tempo a especulación arredor das relacións entre os comerciantes fenicios e o mundo dos castros, asà como a influencia do mundo mediterráneo na construcción dunha cultura tan propia de Galicia como a castrexa. O debate chegou mesmo á literatura galega: no ano 1983, o escritor Xoán Bernárdez Vilar publicou “¡Ouveade, naves de Tarsish!”, unha novela que especula arredor das relacións entre as dúas civilizacións, a atlántica castrexa e a mediterránea.
A localización das Cassitérides continúa a ser un enigma; os achados do Museo do Mar desvelaron parte da verdade das lendas da Antigüidade.