A importancia das abellas no medioambiente. O oficio do apicultor. As posibilidades económicas da explotación do mel. As tradicións arredor deste producto. Todos os aspectos da apicultura trátanse en Vigo nas xornadas "A cultura das abellas" que se pode visitar ata o vindeiro dÃa catorce. Por se Vigo queda un pouco lonxe, en Pontedeume celébranse o vindeiro fin de semana a II Xonadas ApÃcolas do Eume.
Un mundo de mel
O local da Federación de Asociacións de Veciños da praza da Princesa de Vigo acolle desde onte a mostra "A cultura das abellas" que pretende achegar ó grande público todos os aspectos dun mundo que toca desde o medio ambiente á etnoloxÃa.
A peza máis importante que se pode ver na mostra é un apicuario, unha colmea real na que se substituÃron paredes por cristal, permitindo ver a acción das abellas no interior.
A exposición está organizada arredor deixes temáticos das abellas, a flora, o mel, as construccións apÃcolas, o oficio de apicultor e o procesado do mel.
Arredor destes eixos amósanse as ferramentas tradicionais do oficio de apicultor, a forma que teñen as colmeas en diferentes zonas de Galicia, ver a relación das abellas co seu contorno.
Ademais, o vindeiro sábado realizarase unha demostración sobre a montaxe dunha colmea das habituais do sur de Galicia, e están previstas diferentes charlas e obradoiros sobre diferentes aspectos da apicultura.
Para completar este evento, a Asociación Galega de Apicultores celebrará entre os dÃas doce e catorce deste mes unha feira de mel artesá para promover a relación directa dos productores e os consumidores.
Mel do Norte
Para quen queira coñecer a cultura do mel e teña Vigo lonxe de máis, Pontedeume acolle entre o xoves e o sábado da semana que vén as II Xornadas ApÃcolas do Eume, organizadas pola Asociación Galega de Apicultura.
Estas xorndas inclúen un obradoiro sobre o mel e a cera a cargo do monitor de apicultura Julio López, e charclas sobre a colmea como fonte de saúde ou a multiplicación do colmeal.
A partir do sábado vinte de outubro celebrarase na mesma vila a II Feira do Mel, na que poderán participar apicultores da zona e membreos da Asociación Galega de Apicultura.
Os interesados en participar no encontro deberán achegar á organización un quio de mel para analizar, e formalizar a súa inscripción no 981 45 26 67 antes do dÃa dezaoito de outubro.
A importancia do mel
Galicia chega a envasar anualmente arredore de cen toneladas de mel, estando a apicultura tradiconalmente arraigada na economÃa tradicional. Sen embargo, os productores recoñecen que este oficio ten coñecido épocas de maior auxe.
De calquera xeito, a práctica a apicultura mantén con vida un oficio tradicional que segue a ser rendible e permite manter o coñecemento e a práctica dos métodos empregados durante séculos para extraer e tratar o mel e a cera.
Desde a Asociación Galega de Apicultores teñen sinalado a dificultades ás que se enfrontan os productores para vender os seus productos polos severos controis sanitarios. Ademais sinalan que a pesar da grande calidade do mel galego é difÃcil competir con productos foráneos de menor prezo.
Só na zona de Vigo existen arredor de 3.500 colmeas que xeran arredor de sesenta millóns de pesetas cada ano.