Presentan un mapa sobre artivismo en Galicia

Está dispoñible en liña

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cartografía social sobre Artivismo

Cartografía social sobre Artivismo

O artivismo é unha combinación dos conceptos 'arte' e 'activismo', polo cal proponse o uso de medios artísticos como xeito de transformación social e como "forma activa de loitar contra as inxustizas e desigualdades na sociedade". Así o explica a Asemblea de Cooperación pola Paz de Galicia (ACPP) que presentou o pasado 4 de novembro unha 'cartografía social' da arte activista en Galicia. Co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade, a entidade presentou un mapa realizado pola cooperativa Arabías, con dúas versións, en papel e dixital. O mapa presenta información, ligazóns e detalles sobre proxectos que se están levando a cabo por todo o territorio, e que involucran perfís e colectivos moi distintos, como redeiras, compañías teatrais, pintoras ou festivas entre outros.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade

Claves

Conceptos