O Sellier Film Festival recoñecerá o traballo de Olga Osorio

A directora recibirá o galardón desta cita que se celebra na Coruña entre o 5 e o 8 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Olga Osorio

Olga Osorio

A directora Olga Osorio recibirá o vindeiro 5 de decembro o premio que outorga anualmente o Sellier Film Festival. Este evento coruñés quere recoñecer así o traballo da directora de Salta!, longametraxe de debut co que colleitou un importante éxito.

O escritor Chema Paz Gago entregará o premio nun acto no que participarán Ignacio Benedeti, presidente da asociación que organiza o festival, e o do Circo de Artesáns, Roberto Parga. Nesta celebración proxectarase por vez primeira o tráiler de Salta en película de 16mm, que ata o momento só puidera verse en copias dixitais.

O festival, que só desenvolve proxeccións con película física, desenvolverá o seu programa ata o 8 de decembro con títulos como Érase una vez en Hollywood, de Quentin Tarantino, e un filme do actor británico Peter Cushing, a celebrar o seu 110 aniversario.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Olga Osorio, A Coruña, Chema Paz Gago, Hollywood

Claves