Nos últimos dez anos o audiovisual galego xerou máis emprego, obtivo máis ingresos de explotación, acadou máis asistencia a salas e incrementou o seu consumo televisivo. E, ademais, acadou cotas nunca vistas de recoñecemento internacional en canto a premios e crÃtica. Estas son algunhas das conclusións do informe O audiovisual en Galicia 2023, que realizou o Observatorio da Cultura Galega e que se pode descargar desde o web do Consello da Cultura.
Segundo os datos desta análise, en Galicia traballan directamente no sector audiovisual 2.610 persoas, o que supón o 4,2 % do total da forza laboral xerada por estas actividades en España. Este emprego concéntrase na produción de cine e vÃdeo, que ocupan un 41,2 % das persoas asalariadas do sector, e na televisión (37,1 %). Un 64,6 % das empresas deste ámbito sitúanse na provincia da Coruña.
Na década estudada, o número de empresas dedicadas a este ámbito incrementouse nun 47%, e o número de filmes chegou a 284 en 2022, o dobre que en 2013. O documental, cun 28% das producións, aparece como o xénero máis producido, co drama a ocupar un 26% dos filmes. AÃnda que un 89% das producións saÃron dunha única produtora, o estudo revela un incremento no número de coproducións, tanto estatais como internacionais. Destas últimas, Francia, cun terzo dos proxectos, e Portugal co 18,6% son os paÃses que máis colaboran co noso cinema.
A mellora xeral da situación afectou tamén ao emprego do galego nesta forma de creación. O número de pelÃculas na nosa lingua pasou de 9 en 2013 a 23 en 2020. O informe destaca que o cine producido en Galicia empregou o galego nun 42,3 % das producións. O impacto das longametraxes en lingua galega estreadas en cinemas comerciais nos últimos dez anos foi de 1,5 millóns de espectadores e máis de 8,8 millóns de euros de recadación.
O Observatorio da Cultura atende tamén ás mudanzas no consumo deste tipo de contidos, co móbil como principal dispositivo para a reprodución de vÃdeo, empregado polo 84,6 % da poboación, e un descendo do 8% no consumo televisivo desde 2010, ata o 88,9% de espectadores. No noso paÃs resiste a TVG que, cun 11,5% de audiencia lidera o consumo canda a Antena3.
En canto a recadación, os datos que recolle o Observatorio ratifican que en 2022 os cines galegos contaron 2,5 millóns de espectadores, un 40 % máis que en 2021 e máis do dobre que no ano 2020. A cifra, no entanto, fica aÃnda lonxe dos 4,2 millóns de 2019.