El Correo Gallego pon o foco na escena musical compostelá cos 'Concertos na Azotea'

O xornal inicia hoxe a difusión de actuacións e entrevistas con artistas gravadas no tellado da súa sede

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Nuno Pico nos Concertos na Azotea de El Correo Gallego   Foto: Javier Rosende Novo

Nuno Pico nos Concertos na Azotea de El Correo Gallego Foto: Javier Rosende Novo

O xornal El Correo Gallego, que está a vivir unha nova etapa tras un complicado proceso de subasta concursal, ven de presentar hoxe unha nova sección escrita e audiovisual enfocada na escena musical da capital galega. O espazo 'Concertos na Azotea' aproveita o tellado da nova sede do xornal como escenario de gravación en vídeo de breves concertos, de arredor de quince minutos, de artistas vencellados a Santiago. Unha vez gravados e editados, polo xornalista Javier Rosende Novo, o xornal inclúe unha entrevista e difunde estas pezas a través da súa web e das súas redes sociais. A primeira entrega que distribúe hoxe, esta protagonizada polo músico Nuno Pico co seu proxecto Grande Amore. Están previstas e preparadas outras tres coa participación de Zeltia Irevire; Xavier Mera e Tato (Alo Django) ou Alfonso Espiño.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Correo Gallego, Zeltia Irevire, Zeltia, Grande Amore...