A autora viguesa María Álvarez Martínez, "Masha" (Vigo, 1983), ven de obter o XV Premio de Poesía Victoriano Taibo , que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia. A obra titulada 'Dakota' acadou a unanimidade do xurado desta edición, que ve nela "unha audaz xeopoética do desarraigamento onde se destaca a memoria da infancia, os lazos familiares e os espazos compartidos coas mulleres e homes que a precederon. Unha acertada descrición da saudade, que revoga os tópicos da emigración cun revelador diálogo interxeracional", aseguran. Destaca o xurado asemade o emprego dunha linguaxe "aparentemente coloquial que acaba desvelando un profundo lirismo. Unha obra, en fin, onde os patios representan o espazo sensitivo e familiar onde acubillarse do xeado estrañamento da distancia", sinala.
María Álvarez Martínez, "Masha", é Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo. Actualmente exerce como profesora de secundaria no IES Martaguisela do Barco de Valdeorras. A autora xa ten acadado galardóns coma o primeiro premio do I Certame Ínsua e o Liño no 2021 e o terceiro premio no XXXIII Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2020. Tamén compaxina o seu labor profesional cunha carreira musical dentro do grupo Os Residuos Atractivas, onde toca a gaita dende hai 13 anos. O premio ten unha dotación de 4.000 euros e a obra gañadora será publicada na colección Dombate da Editorial Galaxia e non xerará dereitos de autor durante os primeiros 1000 exemplares editados, segundo as bases. Nesta convocatoria o certame recibiu cincuenta e seis poemarios. O xurado decidiu tamén nomear finalistas os poemarios presentados baixo os lemas 'Himno nacional', 'Tentación dunha viaxe', 'No ceo da boca', 'Unha casa onde vivir', e 'A mirada das 1000 iardas', querendo destacar tamén a numerosa participación e o alto grao de calidade das obras concorrentes.