A Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura en Santiago, acollÃa este 8 de novembro a inauguración de Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia. Esta exposición, comisariada polos investigadores Zósimo López e Henrique Neira propón "un percorrido pola historia das agrupacións a través de carteis, programas de festas, fotografÃas e discos".
A ConsellerÃa de Cultura promove esta iniciativa que atende, segundo explica na presentación do proxecto "un tema con fonda pegada na sociedade galega, pero pouco analizado academicamente". Na proposta sinálase que "o concepto de festa con verbena é algo ligado a Galicia dende hai séculos. AÃnda que hai celebracións que tenden á defensa da tradición orixinal, o fenómeno da verbena está intimamente relacionado coa evolución da tecnoloxÃa, da sociedade e do consumo de música popular".
A partir de fondos da propia Biblioteca de Galicia e mais da de Pontevedra, a exposición amosa carteis de festas e de promoción das orquestras cada a "programas das verbenas, fotografÃas e distintos soportes como discos, casetes ou CD". Con este material abórdanse as transformacións deste formato desde a súa orixe nas primeiras décadas do século XX como unha evolución da bandas de música ata a actualidade.
Unha recompilación de programas orixinais de festas dende os anos 20 ata 1935, carteis promocionais que as propias orquestras desenvolveron desde anos 60 ou exemplares da publicación especializada no sector Campo da festa dos anos 2000 son algunhas das pezas que están dispoñibles neste espazo.
Ademais das propias mudanzas do sector, a mostra atende tamén o impacto internacional de formacións galegas deste tipo, a crise que viviron nos anos 90 ou a influencia que as orquestras teñen sobre propostas musicais como o dúo de Pili PampÃn e Ortiga ou Novedades Carminha. A exposición permanecerá aberta ata o 31 de maio de 2024.