A vindeira semana o programa de actualidade musical 'Ábrete de Orellas' chega ás 500 entregas desde o seu regreso ás ondas, en 2013. Non é un programa calquera, senón unha referencia mediática esencial do sistema musical galego e como tal xa recibiu dous Premios Martín Códax da Música Galega na categoría de Espazo de Comunicación Musical (2016 e 2018) e o seu creador e director, Pepe Cunha, é un reputado crítico musical presente noutros medios e que forma parte de numerosos proxectos sobre a dinamización musical e lingüística vencellada á música galega, como o proxecto ' CantáMOLA en galego', co que recibiu o Premio Mil Primaveras. O fito orelludo celebrarase, ademais de nas ondas, tamén reunindo á afección nuns concertos e un xantar a celebrar o sábado 11 de novembro no Centro cívico de Canido, Ferrol. Polo escenario desta celebración pasarán Su Garrido Pombo (13:30 hrs.); Grampoder (16:30 hrs.); Berlai (17:30 hrs.). Os concertos fináncianse con entrada inversa, recollendo achegas do público asistente.
Fai vinte e seis anos, en 1997, Pepe Cunha comezou a facer o programa semanal 'Ábrete de orellas' en Radio Kaos, emisora universitaria do Campus de Ferrol na que estivo ate o seu peche para despois pasar a crear un espazo en Internet en 2003 no que cubrir a actualidade musical. Fai agora dez anos, en 2013, volveu ás ondas cunha entrega semanal en formato radiofónico, na que recolle a actualidade da escena musical galega, con especial atención a artistas da nosa terra cunha ollada aberta a todos os estilos. Nesta etapa 'Ábrete de Orellas', ademais de estar dispoñible en plataformas como IVoox e outras de podcast, tamén pode sintonizarse nas emisoras da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (CUAC FM; Rádio FilispiM, Radio Roncudo, Radio Neira, Piratona ...), nas radios municipais de Redondela e Negreira e no podcast de Pontevedra Viva, ademais de estar dispoñíbel en Agora.gal e Podgalego.