Este 17 de outubro abrÃa no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela O futuro dun legado. O museo de Galicia. Baixo este tÃtulo, a institución propón un percorrido polas pezas do fondo do Seminario de Estudos Galegos que ten en exposición. Unha serie de códigos QR permiten coñecer a orixe e a historia destes fondos, que fixeron parte orixinalmente do museo que o SEG creou en 1930 no Colexio de Fonseca, na capital galega.
Entre as pezas que fan parte deste percorrido están, segundo explica o Museo, pezas relacionadas cos oficios artesanais como "ferraxes, espellos de pechaduras, petadores, ou ferrollos, datados entre 1870 e 1910". Mostras da olarÃa de Buño e Niñodaguia, de vestimenta tradicional galega, elementos da vida cotiá ou apeiros agrÃcolas. Segundo destaca a entidade, "entre as pezas máis significativas do itinerario están tamén as maquetas datadas en 1931 de casas documentadas por XaquÃn Lorenzo no concello ourensán de Calvos de RandÃn" ou os seus estudos pioneiros sobre embarcacións tradicionais. Este material, que pasou a custodia do Museo do Pobo por desexo de antigos membros do Seminario como o propio XaquÃn Lorenzo o Antonio Fraguas, pode coñecerse tamén no catálogo en liña que publicou recentemente esta entidade.
Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega continúa as actividades de celebración do centenario do SEG coa celebración da xornada O Seminario de Estudos Galegos e as institucións de alta cultura do seu tempo. Esta proposta, coordinada polo historiador Ramón Villares, porá en relación a relevancia do Seminario en relación a institucións coetáneas como o Institut d'Estudis Catalans, a Eusko Ikaskuntza-Sociedad de Estudos Vascos, o Centro de Estudos Históricos español ou a portuguesa Sociedade Martins Sarmento. Segundo explica a presentación do encontro "todos estes centros de alta cultura comparten a condición de ser complemento ou alternativa de institucións xa existentes (academias, universidades) e caracterÃzanse por desenvolveren programas de investigación e de difusión da ciencia e da cultura, como era común nos centros de altos estudos ou seminarios creados desde finais do século XIX en toda Europa, nomeadamente en Alemaña, o Reino Unido e Francia, que foron os espellos no que se miraron os promotores das institucións ibéricas". Antero Ferreira, Ramón Villares, Idoia Estornés, Borja de Riquer e Javier Moreno Luzón serán os responsables dos relatorios que se desenvolverán o vindeiro 24 de outubro.
Na Cidade da Cultura, á súa vez, a Xunta anunciou un programa especial de obradoiros para crianzas e de visitas didácticas á exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura que se pode ver no Museo de Galicia. O propio Ramón Villares, comisario da exposición, MarÃa Xosé Fernández Cerviño, Miguel Anxo Seixas Seoane, Francisco DÃaz-Fierros e Henrique Monteagudo, serán as persoas encargadas destas visitas.
Finalmente, o Concello de Santiago de Compostela súmase as conmemoracións a organizar un roteiro guiado polas pegadas do Seminario na cidade. A actividade desenvolverase o sábado 21 e o domingo 22 e precisa de inscrición previa. Ademais, a institución municipal publicará un caderno divulgativo e unha unidade didáctica sobre a institución destinada a centros de ensino.