Este sábado 7 de outubro Nós Televisión estreaba na súa canle de Youtube o documental Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos. Con esta produción, a cadea súmase ás celebracións do centenario desta institución a presentar "unha viaxe ao longo do territorio e da historia para divulgar unha historia aÃnda descoñecida para a meirande parte das galegas e dos galegos".
O filme, de 36 minutos de duración aborda a historia do SEG "a través do seu legado e das persoas que nos poden contar del". O proxecto contou coa colaboración especial da USC e co apoio do Museo de Pontevedra, Concello de Santiago, Concello de Ames e Xunta de Galicia. A produción pode verse no Youtube de Nós TV.
De xeito paralelo, este 6 de outubro abrÃa as súas portas na Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a exposición As mulleres do Seminario de Estudos Galegos. Este proxecto, promovido pola Xunta de Galicia, pon de relevo as mulleres "que tiveron algún tipo de relación co Seminario, ben como socias activas, ben como protectoras ou usuarias da súa biblioteca". Publicacións asinadas por elas, tanto no SEG como posteriores, ou obras e artigos que fan referencia ao seu traballo, compoñen o groso da mostra.
Con esta iniciativa danse a coñecer nomes como Pura Lorenzana, Sara Leirós, cunha importante producións arredor de temáticas espirituais e pedagóxicas, Luisa Cuesta, que chegou a ser directora da Biblioteca Nacional de España, Carmen Pardo Losada ou Celsa Pérez Moreiras, unha das primeiras mulleres docentes de Ciencias na Universidade de Santiago, na facultade de Farmacia. A exposición poderá verse ata o vindeiro 31 de xaneiro.