A escritora Marta Dacosta (Vigo, 1966) ven de obter o Premio de poesÃa Filomena Dato na súa cuarta edición coa obra "Papaventos abismados". O xurado deste certame convocado polo Concello de Bergondo deliberou e achou gañadora á obra da escritora viguesa destacando dos textos o xeito en que aborda "a temática da demencia, a vellez, o coidado e a preparación para a perda". O premio ten unha dotación económica de 2.500 euros e a publicación do poemario na editorial Apiario. O xurado estivo integrado por Alejandra Pérez Máquez, presidenta; e AntÃa Otero RodrÃguez, Oriana Méndez Fuentes e RosalÃa Fernández Rial como vogais.