O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acollía este 5 de outubro o anuncio do fallo da VII edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. A Academia Galega do Audiovisual concedeu estes galardóns, dotados con cadanseus 1.200 euros, a Iván Villarmea, Juan Ares, Manuel Iglesias e Miguel Casaseca, mentres Víctor López obtivo un accésit.
Iván Villarmea Álvarez impúxose no premio ao Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego co traballo "O campo de atrás: paisaxes rururbanas no cinema galego". O fallo do xurado destaca o seu interese "por abordar unha cuestión clave pero relativamente marxinal no audiovisual galego, a través dun enfoque singular e apoiándose nun corpo de análise coherente que combina cinema e xeografía".
Na categoría de ensaio escrito sobre audiovisual internacional o premio foi para"Glitch: A arte do accidente. Ontoloxía e evolución" de Manuel Iglesias Vila "pola súa necesaria contribución ao estudo dun concepto marcadamente contemporáneo e pouco tratado en Galicia, feita cunha documentación e un desenvolvemento rigorosos. O xurado destaca ademais a súa capacidade para adoptar diferentes ópticas (desde a definición teórica e a súa evolución ata os retos ligados a condicionantes técnicos) e a reflexión do texto sobre a potencialidade creativa do 'erro'". Na mesma categoría, Víctor López fíxose cun accésit por "Hipercinema: Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo".
Nos videoensaios, o mellor sobre o sector galego foi "Os espazos do cinema" de Miguel Casaseca, que explora "o impacto do espazo e do medio na relación que establecemos co cinema, a través dunha forma que remite á esencia do ensaio audiovisual clásico subliñando a importancia da subxectividade e as posibilidades da montaxe". A nivel internacional o recoñecemento levouno "Almodóvar roda sobre rodas" de Juan Ares, por "aproveitar as posibilidades do medio á hora de identificar recursos narrativos convertidos en trazos autorais, confiando exclusivamente no poder suxestivo da montaxe para construír argumentos puramente audiovisuais, que transcenden a xustaposición para establecer diálogos capaces de xerar novos significados".
O xurado dos galardóns estivo composto por Jesús Silva, director da revista de crítica literaria A Cuarta Parede, a docente da Universidade de Vigo Diana Ramahí e o docente da Universidade de Santiago de Compostela Cibrán Tenreiro. Os traballos premiados serán publicados na revista de crítica cinematográfica A cuarta parede.