Explorar a conexión entre a literatura e a cidade a través de tres obras senlleiras. Este é o obxectivo co que nacen as xornadas Palabra e imaxe ou xeitos de narrar Compostela, que se desenvolven na capital do paÃs entre o 29 de setembro e o de 1 outubro vindeiros. Trece badaladas de Suso de Toro, Doentes de Roberto Vidal Bolaño e os Seis poemas galegos de Federico GarcÃa Lorca serán os eixes deste programa que inclúe concertos, rutas, conferencias ou obradoiros.
Un obradoiro teatral con fragmentos da obra teatral de Bolaño a cargo de Mónica Camaño e Zé Paredes, que finalizará cun ensaio aberto ao público no Salón Teatro preséntase como un dos principais focos das xornadas. Canda a esta, haberá obradoiros de escrita vencellados ás tres obras protagonistas a cargo de Anna R. Figueiredo, Vanesa Sotelo e MÃriam Ferradáns.
Dolores Vilavedra, a falar sobre Trece badaladas e a construción fÃlmica da cidade, Malores Villanueva a abordar "Santiago no camiño da literatura" e Miguel GarcÃa-Fernández a analizar figura de XelmÃrez e o seu impacto na capital protagonizarán os relatorios, mentres unha mesa redonda sobre a obra de Vidal Bolaño reunirá a Inma López Silva e a Afonso Becerra.
A estas propostas súmanse roteiros literarios guiados sobre Compostela como plató de cinema, a cargo de Roi Vidal Ponte e arredor da ora Campus morte da man de Lito Vila Baleato. Un recital con Marilar Aleixandre, Iria Pinheiro, Ana Lorenzo e Daniel Chapela, proxeccións de Trece badaladas e Doentes con coloquios, unha presentación de Seis poemas galegos e de El gran viaje de estudios de GarcÃa Lorca, a cargo de Henrique Alvarellos e Andrea Valle, canda a un concerto do grupo Algarada completan o programa.
O Salón Teatro, o café Babylon Garden, as escaleiras da Facultade de XeografÃa e Historia, a praza das PratarÃas e o conxunto da zona vella acollerán as dezaseis actividades previstas, que son de balde pero esixen inscrición previa nalgúns casos. Daniel Chapela coordina esta iniciativa que conta co apoio da Universidade de Santiago, da Xunta de Galicia e do Consello do Estudantado da USC.