"A xestión forestal baseada na produtividade, no crecemento e na cantidade sen calidade está a destruÃr esa diversidade e complexidade que caracterizan as paisaxes de Galicia". Esta é unha das conclusións do informe Impacto no patrimonio natural e cultural dos cultivos forestais con especies de crecemento rápido que presentaba este 18 de setembro o Consello da Cultura Galega.
O documento, que parte dunha análise histórica da xestión forestal no paÃs, cuestiona os criterios do modelo de explotación do monte e alerta sobre o dano que as plantacións de piñeiro e de eucalipto, que "está a ter unha expansión sen apenas restricións e que non parece reducir o seu ritmo", provocan sobre o patrimonio material e inmaterial vencellado a esta paisaxe.
Deste xeito, o Consello reclama un estudo en profundidade "das formas e elementos" que compoñen a paisaxe rural "e valorizar o patrimonio cultural produto da acción campesiña", a incluÃr tamén a antigüidade da paisaxe do monte e os seus usos históricos. AsÃ, cómpre "entender que estamos diante dun patrimonio sensible, extremadamente vulnerable e en risco de desaparición pola súa escasa ou nula monumentalidade". A estes bens súmase a alerta sobre elementos do patrimonio inmaterial vencellados aos usos agrarios. "Esta consideración do monte como paisaxe cultural ten que estar presente á hora de avaliar e corrixir os impactos patrimoniais, paisaxÃsticos e sociais que os monocultivos forestais están a producir no territorio".
No informe, o CCG apunta a necesidade de mellorar os instrumentos legais de ordenación do morte, asà como de facer un seguimento máis estreito a nivel de patrimonio para evitar danos nestes bens tanto con ocasión de lumes como durante as tarefas de corta e plantación de árbores. Ademais, destaca a necesidade de crear canles de colaboración con propietarios e comunidades de montes de cara a mellorar a protección de bens patrimoniais no monte.
De xeito máis concreto, as conclusións do informe reclaman "implementar definitivamente, como establece a Lei 7/2012 de montes de Galicia (art. 77.4), a obriga de que os montes conten con documentos de ordenación", a lembrar que "na práctica, foron precisamente as propiedades de maior dimensión as que recibiron unha moratoria ata o ano 2028" para contar con este instrumento. Tamén reclaman "revisar as superficies mÃnimas de actuación que requiren avaliación de impacto ambiental, facéndoas de menor tamaño, para adecualas á realidade do sistema de propiedade de Galicia", e "dotar de recursos e garantir a independencia dos órganos encargados da avaliación ambiental". Ao tempo, reivindican "mellorar a publicación periódica e en formato accesible da información básica sobre o desempeño dos órganos ambientais, forestais ou do patrimonio cultural de Galicia" a incluÃr o número de denuncias que se presentan ante estes órganos e os seus resultados.
Na mesma liña, o texto denuncia a falta de desenvolvemento normativo dos textos legais e regulamentos que afectan á actividade forestal, aà como unha aplicacións das normativas que "dista moito de ser eficaz". Esta situación afecta a leis como a de patrimonio, a da paisaxe, a de monte, a do solo ou a de actividades económicas, e dificulta a xestión mesmo de espazos protexidos. Segundo sinala o texto nas súas conclusións dáse unha "ausencia dunha rigorosa aplicación da normativa, que se reflicte na expansión de especies alóctonas nas áreas e nos parques naturais e na ausencia de medidas de recuperación destes espazos, permitindo manter as masas existentes de eucaliptos" e a dificultar que estas zonas cumpran a súa función de conservación. Nese sentido reclama de xeito urxente "fomentar as medidas de restauración ambiental el restitución de hábitats, e o incremento da conectividade ecolóxica e dos reservorios de carbono".
Consonte a análise, as especialistas que asinan o documento alertan de que "o principio de multifuncionalidade ambiental, económica, social, cultural e patrimonial dos montes converteuse nun recurso retórico no Plan Forestal" e sinalan que "o monte galego está moi lonxe dese obxectivo". Deste xeito, ao seu ver "o Plan Forestal continúa cun criterio produtivista do monte galego que prima sobre o resto das súas funcións e non se deseñan polÃticas co obxectivo de recuperar o monte nas súas múltiples vertentes, na súa diversidade de espazos ecolóxicos, usos do solo e formas de produción agraria".
Unha comisión interdisciplinar coordinada por Rebeca Blanco-Rotea e composta por Paula Ballesteros Arias, Eduardo Corbelle Rico, Teresa Nieto Freire, Pablo Ramil Rego, Xosé Manuel Santos Solla e Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez foi a responsable da elaboración do documento. O Consello iniciou este informe en resposta a solicitudes formuladas neste sentido pola Sociedade Histórica e Cultural Columna Sanfins, a Asociación Sociocultural O Iribio, a Asociación Cova Crea, a Fundación Montescola, a Asociación O Ouriol dos Anllóns e a Asociacion Petón do Lobo.