A OSG e Kalandraka presentan un novo libro da editorial con música da Sinfónica incluída

Son de conto

A editorial pontevedresa Kalandraka presentou o libro “Soños de Xulieta”, un volume acompañado por un CD con música gravada pola Orquestra Sinfónica de Galicia e que é o terceiro da colección Sondeconto de libros infantís con imaxes e son ademais do texto. O volume xorde da colaboración entre a poeta arxentina María Rosa Mó, o ilustrador Federico Delicado e o compositor Juan Vara. A música que acompaña ao libro non ten interrupción e nela os instrumentos actúan como personaxes da narración. Na presentación do libro o sábado 18 na Coruña a OSG actuou en directo tocando a peza do libro dentro dos Concertos Didácticos. O libro trata do transcorrer do soño dunha nena, unha viaxe onírica en que a protagonista transfórmase en distintos animais.