A pasada primavera nas paredes de Compostela comezaron a aparecer debuxos inéditos. Ás habituais consignas políticas que aparecen e desaparecen con rapidez sumábanse estrañas mensaxes sen un sentido concreto, cun coidado deseño e pintados sobre un patrón na parede. Gatos pensantes, militares advertindo da necesidade de coidar paredes ou grandes cartas de baralla multiplicábanse en poucos meses chamando a atención e a curiosidade dos viandantes. Era o desembarco na cidade do stencil ou estarcido.
Cuns poucos anos de existencia en cidades maiores coma Vigo ou Coruña ou en lugares no que existe unha especial concentración de creadores coma é Pontevedra coa súa Facultade de Belas Artes, o stencil ou estarcido aínda non chegara a Compostela máis que en manifestacións puntuais. Esta arte consiste na realización de pintadas no espacio urbano aplicando o spray a través de modelos recortados coa forma da mensaxe final. Máis rápido e máis discreto que o graffiti, permite a repetición de motivos en diferentes lugares e a aplicación dun maior grado de deseño gráfico ás creacións, que se preparan na casa antes de levalas á rúa. Desde marzo do ano pasado Compostela súmase ás cidades nas que este tipo de intervencións se pode en ver con facilidade en moitas paredes.
Como se fai
O proceso de creación dun estarcido non é complicado. Fer, o responsable do desembarco masivo desta técnica a Compostela, explica que todo se reduce a facer un debuxo, sexa a mao alzada ou a través do computador e a calcalo sobre un material axeitado, do cal se recorta cunha coitela. Evidentemente non todos os debuxos nin todos os tipos de letra serven por igual, xa que deben de ser facilmente silueteables. Tampouco todos os materiais son iguais de bos para facer os moldes. Eu aínda non atopei o ideal, explica Fer, comecei con carpetas de cartón abertas, despois probei con plásticos duros de tapas de cadernos, fotólitos, que funcionan bastante ben e se cortan moi rápido e mesmo con estaño, que está ben porque ten moita duración pero é moi sensible porque de caer defórmase facilmente. O proceso complícase un pouco no caso de que o estarcido buscado teña varias cores, xa que se debe recortar en pranchas separadas as partes do debuxo de cada cor, para despois ir aplicando sobre cada unha delas o spray correspondente. Nestes casos débese ter coidado para conseguir que todas as partes encaixen axeitadamente, hai trucos para pintar, recoñece Fer. Apoiar os moldes no chan, pegalos á parede con algún adhesivo mentres se pinta, exceder os límites do molde co spray para que queden claros os bordes e empregalos coma referencia... os trucos son moitos e só se coñecen co emprego.
De Granada a Compostela
Aínda que coñecía a experiencia en Compostela de PCH, un pioneiro no emprego do estarcido na cidade, o contacto real de Fer con esta técnica foi realmente en Granada. Alí os traballos de El niño de las pinturas mesturando poesía e arte gráfico e afastándose do ambiente hip-hop que impera na maior parte dos graffitis, inspirárono e fixéronlle pensar na inexistencia de proxectos semellantes no seu contorno inmediato. No barrio do Albahicín a anécdota dun turista que preguntou polo lleneralaif (así dito) motivou o seu primeiro estarcido, no que un militar aparecía entre as palabras Genera e Life. Alleo ata o de entón a todo o que era o mundo do graffiti e do estarcido, Fer documentouse exhaustivamente sobre estas modalidades artísticas, a través de Internet descubrín artistas coma Banksy, de Londres, que fai verdadeiras instalacións urbanas. Pareceume unha maneira fácil de contar cousas. Tampouco quería unha resposta directa, que despois tívoa sorprendentemente e foi moi boa, sinala Fer . O seu primeiro traballo en Compostela foi o que contiña a lenda Que me mires mi obra, este muro mi museo. A este seguiríanlle outros coma Deposite aquí su voto (en papeleiras e colectores de lixo), Cuidado muro descuidado (en zonas especialmente degradadas) ou os gatos pensantes que, a nivel do chan, foron enchendo as rúas da zona nova compostelá, e que eran unha homenaxe ao seu propio gato.
A importancia da reacción
A min gústame ver como reacciona a xente ante os graffitis cando pasas ao día seguinte de facelos. No caso dos gatos é espectacular como o neno pequeno tira da nai e lle ensina debuxo. Esa é mellor recompensa que moitos dos traballos que fixen e que me compensaron economicamente, recoñece Fer. Unha recompensa que non implica o recoñecemento do autor, xa que ningún dos seus traballos está asinado. Partindo a idea de que é a reacción do espectador o que lle dá sentido á obra, os estarcidos de Fer están en boa medida abertos á intervención allea. O gato é un gato pensante e tamén un pouco a idea era ver se a xente se animaba a escribir algo. Hai quen puxo all or nothing, noutro escribiron os nomes dunha parella... Un día enfadeime un pouco ao ver que puxeran o adhesivo dun colectivo e parecíame un pouco mal empregalo coma soporte publicitario, pero eu non o rectifiquei,e ao día seguinte alguén a arrincara, e iso gustoume. Aínda que a maior parte das respostas son positivas, tamén se teñen dado estrañas interpretacións destas obras. Aos oídos do autor chegou o ruxe-ruxe de que os gatos eran obra dunha secta satánica, do mesmo xeito que outra das pintadas apareceu tachada coas palabras sectas non enriba. Sen embargo, moitos dos habitantes da cidade xa comezan a ver estas obras coma parte da paisaxe urbana.
Outros autores, outras cidades
Aos poucos meses de comezar Fer a realizar a súa obra, comezaron a aparecer por Compostela algúns outros estarcidos. Un signo da paz choroso ou a raspa dun peixe (que nunha ocasión apareceu pintada a carón dun dos xa famosos gatos de Fer) foron os primeiros exemplos. A pesar de que Compostela aínda coñeceu durante o 2003 a explosión desta modalidade artística, as paredes doutras cidade galegas saben destes patróns desde hai xa algún tempo. En Vigo graffiteiros de prestixio internacional coma Nano4814 ampliaron o seu campo de acción a esta modalidade hai anos, e os chocos que identifican a este autor poden verse hoxe por boa parte da xeografía galega e ata no estranxeiro. Tamén son obras súas as representacións de nenos vestidos de gatos coa lenda os gatos nos observan. A Coruña tampouco é allea a representacións deste estilo con autores coma Nine. Sen embargo foi Pontevedra a cidade na que máis se multiplicou esta actividade nos últimos dous anos. Lendas coma Barriguitas ou Nunca amais, pratos voadores debuxados ao estilo manga, manchas de líquidos, cabezas de mulleres con peiteados estilo anos cincuenta, nomes estraños... A lista é longa e todos os meses aparece algún deseño novo. A presencia da Facultade de Belas Artes na cidade é responsable en boa medida desta proliferación. Coñezo a moita xente que fai isto na facultade, sinala un estudiante desta carreira, O que pasa é que agora xa cansa, xa todo o mundo o fai e atopas as pintadas unhas ao carón das outras.
Aviso para transeúntes
Tranquilidade pois, para os viandantes. Non son sectas nin estrañas mensaxes políticas. Simplemente é un novo xeito de expresión artística. Ilegal, iso si, xa que non se pode pintar sobre ningunha superficie pública, (isto é como o de que non se pode ir a cento corenta pola autopista, sinala Fer). Onda o estarcido, comezan a asentarse outros xeitos de expresión, coma a intervención sobre anuncios publicitarios, a instalación de luminosos ou mesmo a pegada de carteis artísticos. Novos xeitos de ver e de amosar a cidade que cobran cada vez máis forza e que a miúdo fai que nos fixemos e reflexionemos un pouco máis sobre o noso contorno máis inmediato.

Estarcidos feitos en Galicia
A plantilla coa que Fer fai o estarcido de "Inserte aquí su voto" en Compostela.
Estarcidos feitos en Galicia
O modelo de "Cuidado muro descuidado", outro estarcido de Compostela
Estarcidos feitos en Galicia
Un dos estarcidos de Fer advirte sobre a degradación dun muro compostelán.
Estarcidos feitos en Galicia
"Que me observes mi obra y este muro mi museo", a primeira obra de Fer en Compostela.
Estarcidos feitos en Galicia
Un dos gatos pensantes do casco antigo compostelán.
Estarcidos feitos en Galicia
O choquiño que identifica o vigués Nano4814 reproducido desta volta en Cabo Verde.
Estarcidos feitos en Galicia
Un graffiti de Nano4814 decora a porta dun garaxe vigués.