Logo de dous días de actividades formativas, este 6 de setembro comeza a programación de espectáculos do VII HerDanza. O festival de artes do movemento achegará a espazos singulares de Compostela oito espectáculos ata o vindeiro día 9. A proposta Composición instantánea, de Elsa Pereira e Fonsi Millán abre ás 20 horas o pano da cita no restaurante Casa Felisa, a chegar un diálogo entre bailarina e picadiscos.
O xoves serán Clara Ferrão e Salomón Penso os que poñan en escena La Cura ás 17:30, mentres às 20 horas a zaragozana María Ganzaráin levará á Igrexa das Ánimas Campo abierto, no que mestura traballo de corpo e voz. O venres o Museo do Pobo acollerá ás 17:30 horas Como alabar en voz alta de Eva Comesaña, á que seguira o cubano Lázaro Godoy con Brookdale na Praza da Inmaculada, a executar un solo de máis de 40 minutos de duración.
Na xornada de feche o Colectivo la Valeta explorará a conexión entre danza e arquitectura nos arcos do parque de Bonaval ás 13 horas no espectáculo El espacio que (no) habitamos. Na tarde poderá verse o diálogo entre a bailarina Cristina Montero e o violinista Pedro Montilla en Deixis, mentres na última función do día a Praza de San Martiño Pinario, amosará o espectáculo que saíu da residencia creativa dirigida por Ana Beatriz Pérez con nove artistas. Co título Malditos a proposta parte do filme Danzade, danzade malditos, de Sindey Pollack.
De xeito paralelo á programación escénica, o festival que organiza a compañía Can Cun Quinqué achega tres obradoiros de formación ata o día 8 a cargo de Clara Ferrão, Marcia Vázquez e Clarissa Costagliola e mais Lázaro Godoy.