Eduardo Soutullo recibe o Premio Nacional de Música

O compositor vigués é o primeiro artista galego en acadar un destes galardóns

Eduardo Soutullo
Eduardo Soutullo
A cultura galega recibe un novo recoñecmento estatal tras o Premio Nacional de Literatura dramática a Paula Carballeira. O compositor vigués Eduardo Soutullo (Vigo, 1968) recollerá un dos Premios Nacionais de Música 2023 outorgados polo Ministerio de Cultura e Deportes. Está a primeira vez que un destes galardóns da área de música recae nun artista galego. O xurado concedeu ao músico o galardón desta arte na modalidade de composición motivando a súa decisión polo "unánime recoñecemento internacional da súa música, especialmente a súa produción orquestral, destacando a estrea en 2022 en San Petersburgo da súa cantata 'O lamento dos xirasois'". O premio está dotado co 30.000 euros. O compositor iniciou a súa formación musical no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Ten un mestrado da Universidad Complutense de Madrid en 'La música en España e Hispanoamérica: métodos y técnicas actuales de investigación'; é doutor pola Universidade de Vigo cunha tese sobre música española contemporánea, ademais de profesor superior polo Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela. Eduardo Soutullo está emparentado co tamén compositor Reveriano Soutullo (Ponteareas, 1880-1932), que era irmán do seu bisavó.