O escritor e artista Xurxo Alonso GarcÃa, nado en Bos Aires (Arxentina) en 1956 e residente en VilagarcÃa de Arousa, ven de engadir un novo galardón á súa traxectoria poética ao resultar gañador do XLIX Certame Literario de PoesÃa do Concello de Vilalba. A obra "Cartas de Conxo (O legado das Távora)" acadou o favor unánime do xurado entre os máis de trinta orixinais presentados neste certame dotado cunha recompensa económica de 7.000 euros e a publicación da obra.
O xurado estivo conformado polo vilalbés e membro da Real Academia Española, DarÃo Villanueva; o catedrático de Historia Ramón Villares; o director do grupo de Radio Principal, Fidel Fernán, e o xornalista Xulio Xiz. A obra premiada consiste nun conxunto de poemas que situado no contexto da Guerra Civil, nos que o autor reproduce as cartas escritas, e nunca enviadas ao seren interceptadas polas monxas, por dúas mestras que foron recluÃdas no sanatorio psiquiátrico de Conxo logo de confiscarlles a Garda Civil outras cartas previas que se viron como constitutivas de delito. A entrega do premio terá lugar o vindeiro mércores 30, ás 19.00 horas no auditorio municipal da localidade luguesa.