A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este venres 18 de agosto a resolución da convocatoria anual de subvencións para a produción e coprodución audiovisual. Esta liña de axudsa, dotada 2,5 millóns de euros, é a que achega unha maior contÃa a este sector por parte da Xunta, e facilitará o desenvolvemento de 21 novas longas cinematográficas, curtametraxes e series.
O pesadelo das vacas de Matriuska Producións, A nadadora de Setembro Cine e mais As augas de Maruxiña Film Company son as propostas que conseguiron un maior apoio nesta convocatoria, con 280.000 euros cada unha. Canda a estas tres propostas, acadaron tamén fondos na categorÃa de longametraxes de ficción After de Los Desertores, Quero vivir un grito, de Miramemira, e Decorado MarÃa y Arnold AIE, con 260.000 euros cada unha e mais Vidas perras IndÃgena Filmes, que levou 60.000.
No ámbito das longametraxes documentais obtiveron apoios de cadanseus 80.000 euros Xalundes, de Rebordelos; Todo é cárcere, de Filmika Galaika; Fomos ficando sós, de Zeitun Films; O silencio herdado, de Gaitafilms; Prefiro condenarme, de Nós Produtora Cinematográfica Galega, e Ana e mais nós, de Miramemira.
A estas axudas súmanse as destinadas a longametraxes cinematográficas en coprodución internacional minoritaria, na que Los invitados, de Frida Films, recibirá 150.000 euros, mentres as axudas a proxectos para televisión e plataformas achegarán 100.000 á produtora Undodez para a serie de animación Bibopalula.
Na liña orientada a curtametraxes obtiveron cadanseus 15.000 euros Despois, nada, de Gonzalo Veloso; 68 metros, de Rebordelos; Monstera, de Maruxiña Film Company; O corpo de Cristo, de Abano Producións; Lucus, de Mala Herba Producións, e Adeus, Berta, de Kraken Media.