As caracterÃsticas dos solos e das igrexas galegas fan que sexa moi difÃcil atopar restos arqueolóxicos, especialmente de épocas nas que as trazas arqueolóxicas non son moi abundantes, como na Antigüidade tardÃa. O investigador Patxi Pérez-Ramallo acaba de publicar unha investigación na revista internacional Cogent Arts & Humanities cos resultados obtidos a partir dos esqueletos de sete individuos recuperados na necrópole da igrexa e centro monástico de San Bartolomé de Rebordáns (Tui). Trátase dunha igrexa xa existente na Antigüidade tardÃa, posiblemente asociada a un centro monástico. Os individuos analizados Os resultados permiten coñecer un pouco máis os invididuos enterrados nunha necrópole que estivo en uso entre o século V e o VII, d.C., a coincidir co máximo apoxeo de Tui como centro de poder da Galicia sueva, na que chegou a ser capital. A cidade xogou tamén un importante papel trala conquista do reino suevo polos visigodos. Os invididuos enterrados na necrópole, nun lugar preferente, parece indicar que se trataba de persoas destacadas na comunidade. As análises de isótopos practicado aos individuos e posto en relación con outros individuos localizados en necrópoles non vinculadas ás elites locais percibiron notables diferencias. Os invididuos de Rebordáns consumÃan un elevado volume de proteÃna animal, a diferencia das persoas da clase baixa, que de aquela tiñan unha dieta eminentemente vexetal. Malia iso, dous dos individuos de Rebordáns tiña un consumo practivamente vexetariano, o cal o pon en relación coas reglas monásticas establecidas por San Frutuoso e implementadas en Gallaecia, no que se definÃa unha dieta monástica practicamente vedetariana. AÃnda que o escaso número dos individuos fai que os investigadores amosen "precaución" antes os resultados, a investigación permite deitar unha primeira ollada biolóxica ás xentes que gobernaron Galicia trala caÃda do Imperio Romano.