Valencia, Francia, Bos Aires e Bruxelas exhibirán as curtametraxes do programa Curtas 03

Curtas de ciclo longo

17/10/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
No pasado mes de marzo o Consorcio do Audiovisual aprobou un programa de promoción de curtametraxes galegas, Curtas 03. Daquel concurso público elaboráronse dous catálogos: un para a promoción en Galicia e outro para a promoción fóra de Galicia. Agora, o Consorcio fai públicos os destinos de promoción. Os primeiros exhibiranse no CGAI, no Festival Internacional de Cine de Ourense e en Cineuropa en Santiago, mentres que os da segunda listaxe irán a Valencia, Francia, Bos Aires (Semana de Cine galego de Bos Aires do 4 ao 10 de decembro) e Bruxelas (Festival de Cines de España e de América Latina, do 6 ao 25 de novembro).

Máis información no Consorcio do Audiovisual

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Bos Aires, Valencia, Francia...