A partir deste venres as salas de cine Yelmo Cineplex de Lugo, A Coruña e Vigo van cumprir unha das demandas dos actuais directores de curtas, que é a posibilidade de ver o seu traballo na gran pantalla. Dentro do plan de promoción da curtametraxe, o Consorcio Audiovisual acaba de asinar un convenio con Yelmo Cineplex para que durante os próximos dous meses se poidan ver na gran pantalla os traballos que forman parte do catálogo “Curtas 04”. Iso sÃ, será antes de cada longametraxe coa que buscarán algunha afinidade temática ou estilÃstica.
Máis información no web do Consorcio e no de Yelmo Cineplex