Verónica Codesal volve aos escenarios galegos con 100 voltas

Actuará en diferentes localidades entre o 24 e o 30 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
100 voltas.

100 voltas.

A cantante galaicobelga Verónica Codesal retorna a Galicia coa súa nova formación, 100 voltas, na que propón unha fusión entre a música tradicional galega con influencias internacionais. A formación, integrada polos belgas Didier Laloy (acordeón) e Damien Chierici (violín) xunto co tongoleño Boris Tchango na percusión e Codesa coa voz, mestura cancións tradicionais galegas con ritmos árabes, do leste de Europa ou do folk e do pop. As letras son tradicionais, escritas pola propia Codesal ou por algúns coñecidas poetas contemporáneas en lingua galega como Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Rosalía Fernández Rial ou Brais Fernández. Verónica Codesal fixérase moi coñecida por volta de 2003 co seu grupo Urban Trad, co cal chegaron a Eurovisión en 2003 representando a Bélxica. 100 voltas actuará na Illa de Arousa (25), A Coruña (26) Salvaterra de Miño (28), Ribadeo (29) e Santiago (30).

100 voltas - Cachondemia

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lucía Aldao, Rosalía Fernández Rial, Yolanda Castaño, Rosalía Fernández Rial...