O Fiadeiro recupera a danza de Damas e Galáns de Lavadores

A coreografía voltará á parroquia viguesa acollerá logo dun siglo o vindeiro 24 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Logo dun intenso traballo de recreación de coreografía e traxes, a Danza da Farsa de Damas de Galáns voltará á parroquia viguesa de Santa Cristina Lavadores despois dun século. A Asociación o Fiadeiro foi a responsable desta recuperación, que desenvolveu da man da irmandade responsable da organización das festas.

Un total de 25 persoas participaron no proceso de recreación desta danza branca, semellante a outras existentes no país. O proceso partiu da memoria oral da veciñanza e apoiouse nunha fotografía conservada no Museo Etnográfico de Ribadavia que permitiu coñecer os traxes empregados nas últimas representacións orixinais da danza, hai máis de 90 anos.

Para recoller o baile, organizado en tres fileiras alternadas de homes e mulleres, a investigación recuperou material da formación Xacarandaina, da Sección Feminina de Falanxe ou do Cancioneiro de Casto Sampedro, que describía pasos, traxes e formacións desta manifestación de cultura popular.

O vindeiro 24 de xullo está previsto que se execute a danza no marco das festas de Santa Cristina. Para 2024 a representación desenvolverase polas festas de San roque e incluirá ademais a "carreira da Rosca", un enfrontamento entre danzantes con grandes brincos.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Fiadeiro, Fotografía, Cancioneiro...