A grande mostra coa que a Xunta conmemora o centenario do Seminario de Estudos Galegos abriu as súas portas este 4 de xullo na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura está comisariada polo historiador Ramón Villares e pretende abordar a "posta en valor dunha obra colectiva que tratou de actuar de acordo coas esixencias do seu tempo para lograr a modernización e a proxección exterior da nosa cultura", segundo sinala a presentación do proxecto.
A exposición aborda o nacemento e traballo do seminario desde a súa fundación en 1923, a destacar o seu carácter multidisciplinar e o particular interese por ámbitos como a arqueoloxÃa, a etnografÃa, a historia e as ciencias. Dedica tamén unha sección ás xeiras, viaxes de traballo nas que os membros do SEG estudaron de xeito colectivo as zonas do Ribeiro, O Carballiño, Lemos, Melide e o Deza.
A mostra atende tamén de xeito particular ao esforzo esta entidade pola proxección das investigacións realizadas e do coñecemento sobre o paÃs no conxunto da sociedade galega mediante diferentes publicacións ou a traballar co profesorado de primaria. Tamén se aborda o destacado interese con que a institución desenvolveu conexións con outras culturas mediante viaxes a Portugal, Bretaña, Alemaña, Irlanda ou Italia, o intercambio de publicacións ou a organización de actividades conxuntas.
A desaparición do seminario pola represión franquista e a súa substitución polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento compoñen as últimas seccións deste proxecto, que remata a dar conta da tentativa de crear un novo SEG da man de Isaac DÃaz Pardo con outros nomes da intelectualidade do paÃs logo do fin da ditadura.
O proxecto, que estará aberto ata 7 de xaneiro de 2024, conta con programas de visitas comentadas para público escolar e xeral.