A primeira edición dos premios Hai unha voz, que convoca a Deputación de Pontevedra xunto á asociación Clásicas e Moderna ao abeiro do Manifesto de Soutomaior, ten xa gañadoras. Marilar Aleixandre, Rexina Vega e Esther Carrodeguas recibirán cadanseus 5.000 euros destes galardóns que recoñecen a "achega destacada de mulleres galegas que se distingan pola súa traxectoria vinculada ao eido literario".
O xurado seleccionou as tres gañadoras entres dezasete propostas presentadas. De Marilar Aleixandre o fallo destaca a súa traxectoria "sempre traballando a favor da lingua, da literatura galega e desde un punto de vista ético e feminista". De Rexina Vega, pola súa banda, apuntou a súa "sólida traxectoria como autora de narrativa e investigadora especialista na obra de Álvaro Cunqueiro", os seus artigos en Tempos Novos e o seu traballo a prol da internacionalización da nosa literatura.
Finalmente, de Esther Carrodeguas o xurado apuntou a "sólida traxectoria literaria e escénica marcada polo compromiso social, o feminismo e a loita pola igualdade" así como o seu labor "para colocar o teatro galego feito por mulleres no escalafón máis alto a nivel nacional e internacional".
O xurado dos premios estivo composto por Lucía Muradas, xefa do Servizo de Igualdade da Deputación; a técnica deste departamento Ana Isabel Amoedo e varias integrantes da Comisión de Seguimento do Manifesto de Soutomaior: Paula Cabaleiro, directora de Cultura da Deputación; Mariana Carballal, profesora, actriz e directora; Edurne Baines, periodista e editora; Isabel Blanco, avogada e escritora; Mercedes Corbillón, escritora e editora; Anna R. Figueiredo, escritora e profesora; e Silvia Penas, escritora, poeta e profesora.
A entrega dos galardóns realizarase este 23 de xuño ás 19.30 horas na sede da Deputación en Vigo. O evento será presentado por Mariana Carballal, Silvia Penas e Isabel Blanco, e contará coa actuación musical de Guadi Galego.