Coa intención de "incentivar o emprego da lingua galega nas facultades e nas escolas da Universidade de Vigo en todas as súas actividades" esta institución académica acaba de crear o Distintivo de Galeguización Gal Ego. Cada ano entregarase unha destas insignias ao centro que obteña maior puntuación nunha convocatoria aberta. Ademais dunha insignia, o espazo escolleito recibirá 3.000 euros para desenvolver iniciativas na nosa lingua.
O recoñecemento terá unha vixencia de catro anos, pasados os cales o centro terá que presentarse de novo á convocatoria. Segundo explicou a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, esta iniciativa pretende "levar os equipos directivos á reflexión sobre a importancia do uso do galego". Destacou ademais que "a nosa intención é tanto recoñecer a opción dos centros que habitualmente empregan o galego, como animar a aqueles que aínda non teñen esta elección interiorizada como súa".
Á hora de outorgar esta insignia, teranse en conta criterios como o número de materias impartidas en lingua galega, a porcentaxe de persoal con cursos de galego homologados, a existencia dunha persoa de enlace de lingua galega, o emprego da mesma na realización de actividades e accións, o idioma do web e da comunicación e mais a celebración dos actos institucionais na nosa lingua.
Un comité formado por Susana Reboreda, vicerreitora de Extensión Universitaria; Alfonso Caride, técnico superior de actividades culturais e Eva María Castro e María Cristina Rodríguez, técnicas da Área de Normalización Lingüística, será o responsable da selección. O prazo para a primeira edición deste programa está aberto ata o vindeiro 30 de setembro.