A vixésimo segunda gala dos Premios Opinión da Música de RaÃz, que se celebrou onte no Teatro RosalÃa de Castro serviu para recoñecer e valorar a excelencia da música tradicional galega e tamén para pechar un cÃrculo simbólico de fluxo entre dúas xeracións de mulleres. Co cambio de formato de premios que comezou este ano, os galardóns que entrega o xornal La Opinión, pasaron de cinco a dous premios: o Andaina Senlleira, un recoñecemento a unha traxectoria; e o de Acontecemento Musical do ano, enfocado no sucedido no pasado máis recente. Neste caso o xurado destinou ambos recoñecementos a dúas formacións que coinciden en estar formadas por mulleres e que teñen a pandeireta e o cantar como sinal distintiva, pero que están en momentos moi diferentes. LeilÃa, que xa anunciaron a súa despedida, foron a as recoñecidas co primeiro destes premios e as Tanxugueiras recibiron o galardón polo éxito acadado no ano 2022. Péchase entrambas un cÃrculo coa súa reunión nestes Premios que recoñece a influenza das máis veteranas no éxito das máis novas e a capacidade destas últimas para recoller o facho e levalo máis alá do imaxinado.
Máis de trinta anos de actividade musical e cinco discos avalaban o galardón recollido onte por LeilÃa. Ana RodrÃguez, Rosario RodrÃguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes RodrÃguez levan 34 anos coa pandeireta na man levando o cantar tradicional por todas partes e amosando un xeito diferente de facelo desde os seus inicios, nos que foron rompedoras de avanzadas. A formación está agora inmersa na súa xira de despedida dos escenarios, "Vidas cantadas". Ana e Rosario RodrÃguez acudiron onte a recoller o Premio Opinión Andaina Senlleira, sinalando no seu discurso de agradecemento un sentimento de "deber cumprido" polo traballo feito para manter viva unha música popular que a finais do século pasado era un legado na memoria de moitas mulleres que estaba "esmorecendo" e elas conseguiron manter e potenciar levando ese legado enriba dos escenarios.
O valor de referencia e ponte entre xeracións das LeilÃa foi confirmado polas outras premiadas da gala, as Tanxugueiras. "Se elas non fosen referente, nós non estariamos aquà cumprindo un soño, porque elas foron as que puxeron a pandeireta enriba dun escenario e é moi importante ver referentes. Somos o que somos grazas a vós", aseguraron o trÃo na súa recollida do galardón segundo informa o xornal La Opinión, organizador dos premios que patrocinan o Concello da Coruña. Xunta de Galicia e GADIS . As Tanxugueiras agradeceron un recoñecemento ao seu traballo no pasado ano, un perÃodo de éxito sen precedentes para unha proposta de música tradicional do elas mesmas se declaran sorprendidas. "Nunca pensamos poder vivir isto xuntas", recoñeceu Sabela Maneiro, "levamos un ano bastante apoteósico, non nos chegarán as palabras de agradecemento". A Tanxugueira sinalou como motivo de orgullo o conseguir facer chegar a música tradicional ás máis novas xeracións e que moitos "nenos e nenas empezasen a tocar a pandeireta" tras do seu paso polo Benidorm Fest. A gala contou coas actuacións de Ghaveta e Caamaño & Ameixeiras e apresenza de autoridades das administracións local e autonómica.