Hoxe anunciouse o falecemento prematuro do prestixioso deseñador de moda José Castro (1971), natural de A Cañiza (Pontevedra). Na súa localidade nata faleceu hoxe vÃtima dun cancro aos 52 anos de idade. Castro traballou ao máis alto nivel internacional do mundo da moda. Graduose no London Royal College of Art e creceu profesionalmente colaborando con empresas como Givenchy, onde traballou con Alexander McQuenn, Miró Jeans ou Desigual. As súas creacións desfilaron por pasarelas internacionais como o Carrousel du Louvre de ParÃs, Palais Omnisports de Paris Bercy e en Cibeles Madrid Fashion Week. Acumulou tamén premios e recoñecementos do mundo do deseño e a moda. No ano 2009 a falta de financiamento fÃxoo renunciar levar os seus modelos á pasarela parisina de Dior. Tras moitos anos vivindo en Barcelona o ano 2021 fixou a súa residencia e estudo na súa localidade natal. O mércores terá lugar o seu funeral na vila pontevedresa.