Guionistas, medios e arqueólogos obteñen os premios Lois Peña Novo

Os premios recoñecen o uso do idioma galego no ámbito profesional

A guionista Rosa Castro, o arqueólogo Felipe Senén e o portal Gciencia foron galardoados na XXVIII convocatoria do premio Lois Peña Novo, convocado pola fundación do mesmo nome, polo uso do idioma galego no ámbito profesional. O xurado estivo composto pola biólga Marisa Castro, a maxistrada Paz Filgueira, o escritor Xulio Ríos, o escritor Antón Dobao e a secretaria Carme Pérez Vaquero. De Rosa Castro valorouse "o seu rol fundamental na consolidación do galego nos medios", de Felipe Senén "toda unha vida dedicada a divulgar e investigar a cultura do país" e de Gciencia "a contribución decisiva para poñer en valor a lingua, dándolle visibilidade nas redes sociais e achegándoa á cidadanía".