Unha mediametraxe autobiográfica sobre o aborto que sufriu aos 40 anos co tÃtulo Lo que no fue. Esta é a proposta coa que a directora madrileña Sandra Ruesga se fixo coa primeira bolsa de creación MOCA-Candelas, que convoca o Museo Online de Cine Doméstico, con sede en Vigo. O filme pode verse durante quince dÃas no web desta entidade a partir deste 29 de maio.
No filme de 23 minutos a autora narra o proceso de aborto, cando tiña 40 anos, da que terÃa sido a súa terceira crianza. Un repaso de imáxenes de arquivo e de diarios establece "un diálogo entre os meus eus pasado e o meu eu presente para tentar superar o dó do que puido ter sido, pero que non foi".
O proxecto obtivo un total de 4.000 euros para a "creación, produción e realización artÃstica" no marco das convocatoria de bolsas que realiza o centro vigués co apoio de Cafés Las Candelas. A bolsa apoia o desenvolvemento de proxectos audiovisuais que se poidan integrar no concepto de "cinema en primeira persoa".
A pelÃcula puido verse xa no Family Film Project do Porto, nos premios Pávez de Talavera de la Reina ou no Festival Internacional de Cine de Lanzarote. O proxecto obtivo o premio do público e mais o DOCMA no Festival de Cine Documental Alcances de Cádiz.