Dúas propostas galegas e outras dúas de Fuengirola e Alicante, resultaron gañadoras do concurso para bandas e músicos emerxentes Sonidos Mans da Fundación Paideia Galiza. O resultado das decisións finais por parte do festivais colaboradores no certame ven de darse a coñecer, co nome dos gañadores e os eventos nos que participarán segundo ás bases do concurso. O santiagués Futuro Alcalde foi seleccionada polo seu tema "Me jodiste el orgullo" para entrar no cartel da vindeira edición de O Son do Camiño e a artista de Culleredo Hydn participará do Revenidas grazas ao seu tema "BaddeR, wicKed". Ademais deles o dúo Nebulossa de Ondara (Alicante) tamén está entre as gañadoras e iso as levará ao cartel do Atlantic Fest de VilagarcÃa de Arousa. Pecha a lista a artista quirkyoddgirl, de Fuengirola, que actuará en Portamérica. Esta foi a selección por parte dos festivais tras dos 20 finalistas elixidos por parte do xurado profesional de entre as 313 propostas de toda a xeografÃa española que se presentaron ao certame. O obxectivo deste concurso é facilitar aos grupos e solistas que están iniciando a súa carreira, unha ferramenta para a difusión de seu traballo e a posibilidade de gravar nun entorno profesional.