O concurso Sonidos Mans organizado polos Estudios Mans da Fundación Paideia coa colaboración dos principais festivais de verán de Galicia ven de proclamar as súas bandas gañadoras. As formacións elixidas, tres delas galegas, entrarán a formar parte do cartel dun dos eventos musicais automaticamente. Na decisión tomada este ano dous grupos repetirán en outros dous festivais. Serán os valgueses Alto Volta e os madrileños de The Dawlins. Os de Valga actuarán no PortAmérica e tamén estarán na Illa de Arousa dentro do Atlantic Fest este anos. The Dawlins pola súa banda gañaron un posto dentro da seguinte edición do Festival Revenidas de Vilaxoán e repetirán posteriormente no Festival de La Luz. Os vigueses La Cloaka Sound & J.C.A. tocaran en casa como parte da oferta musical de O Marisquiño e os tamén vigueses Inerttes non terán que ir moi lonxe xa que obtiveron sitio dentro da celebración do Vive Nigrán. Na primeira edición do macro festival O Son do Camiño en Santiago cóanse grazas a este concurso os albaceteños The Niftys. E grazas ao certame Sonidos Mans sabemos cando menos un dos nomes que soarán no sempre misterioso Festival Sinsal da Illa de San Simón, o da banda navarra Doña. Os posibles gastos derivados da actuación (aloxamento, hospitalidade etc. dos integrantes del grupo) correrán a cargo da entidade promotora del Festival dacordo á achega económica que realice ESTUDIOS MANS ao Festival. Os artistas o grupos gañadores terán dereito á gravación, mestura e masterización dun single e un videoclip promocional gravado nos Estudios Mans en A Coruña,