Mellor curtametraxe de Ficción, Mellor Dirección, Mellor Guión e Mellor Protagonista Feminina. A curtametraxe Alicia fai cousas do realizador marinense Ángel Santos facía este sábado 20 de maio historia no Festival de Cans ao obter catro galardóns do palmarés desta xeira, unha acumulación nunha vista na historia do festival.
A gala de premios que fechou a XX edición do festival audiovisual desta aldea do Porriño amosou o claro triunfo desta historia dunha moza de 25 anos "á quen se lle meteu na cabeza que está aburrida e mentres se prepara para unha audición pensa se debería apuntarse a algún curso ou se vai ou non a unha festa". O guión do filme, do propio Ángel Santos e de Pablo García Canda, canda ao galardón á mellor actriz para Alicia Armenteros, protagonista da produción, súmanse aos recoñecementos do xurado á mellor curtametraxe de ficción e á do mellor director.
Canda a esta a produción, o festival entregoulle o seu premio ao mellor actor a Eduardo Rodríguez Cuña Tatán polo seu traballo en O coidado, mentres Mario G. Cortizo foi recoñecido coa Mellor BSO por O neno sardiña e Paula Quiroga levou o premio á Mellor Fotografía por Ulises.
Ademais, o xurado fixo dúas mencións especiais, unha para o director Félix Brines polos seu traballo en Ulises e outra para os guionistas Lorena Ares e Carlos Fernández por Amanece la noche más larga.
Na sección Furacáns, de filmes de non ficción, o premio foi para a curta Mariví, na pel da memoria, das irmás Coral e Laura Piñeiro, e houbo unha mención especial a Ningún Deus, ópera prima de Miriam Opazo Ojea. En canto á sección Novas Camadas, para proxectos realizados por menores de 25 anos, o premio foi para Despois de ti, de Paula Pereira.