
A receita atopábase anotada no dorso dun pergameo, como parte da documentación dun pleito mantido polos Mariño de Lobeira -unha familia aristocrática con propiedades e intereses no alfoz de Muros- contra os arcebispos de Santiago. O conxunto documental atópase nos Arquivo de la Real ChancillerÃa de Valladolid.
O breve texto dá conta da prescrición dunha mediciña por parte dun médico ou boticario da zona , prescribindo o uso de melisa como purgante para algún doente, e que parece formar parte do que "no seu conxunto, constituirÃa un texto médico de natureza farmacéutica ou apotecaria, elaborado -ou simplemente extractado ou copiado dun texto máis amplo", propoñen Pichel e Pousa. Ese intrigante texto non foi atopado e debeu ser singular. "Non achamos de momento exemplos de herbarios ou receitarios similares na tradición castelá e portuguesa medieval coa mesma composición ou baseados nas propiedades da herba coa que se identifica esta receita".
Con todo, a peza parece ser escrita para as circunstancias do paciente, e reflicte a "hexemonÃa do uso escrito do galego en todos os ámbitos, nun periodo, a finais do século XV, en que a interferencia do castelán comezaba a ser moi invasiva". Pero o texto contén outro dato importante, que se pode conectar co intenso comercio marÃtimo internacional mantido polos portos das rÃas galegas no século XV. "O vocabulario técnico empregado contribúe a documentar o coñecemento que temos do comercio marÃtimo baixomedieval, por canto son moi escasos os testemuños da presenza e utilización de certas especias foráneas, como no caso do sene de AlexandrÃa ou da canafÃstula". En galego tamén se conserva, no Tratado de alveitarÃa, un conxunto de receitas de veterinaria, do século XIV, asociadas ao coidado dos cabalos.