Pontedeume: unha historia da literatura galega nun paseo

Numerosos escritores participan na celebración do 650 aniversario da tradución da Crónica Troiana ao galego

Numerosos escritores participan na celebración do 650 aniversario da tradución da Crónica Troiana ao galego
Retrato de Galo Salinas (1914). Fondo Carré. Real Academia Galega
O Ateneo Fernán Martís de Pontedeume, en colaboración co Colectivo Terra e o concello, conmemorará mañá 17 de maio en Pontedeume o 650 aniversario da tradución do francés ao galego da Crónica Troiana, realizada polo capelán dos Andrade Fernán Martís. Farao a través dun peculiar roteiro cívico, que percorrerá as rúas da vila eumesa na procura de diferentes fitos da literatura e da cultura galegas levados a cabo en cada punto. Deste xeito, gabaranse as figuras de Isabel de Castro e Andrade, Xohana Torres, Galo Salinas, Uxío Novoneyra, Couceiro Freijomil, Ramón Regueira, Ramiro Fonte e Luís Pimentel. Todos estes artistas estiveron vinculados por motivos residenciais, laborais, ou mesmo vacacionais á vila. Para gabalos, o cortexo irá parando en diferentes puntos, onde destacadas figuras das nosas letras gabaran personaxes e obras. Deste xeito Carmen Blanco, Anxo Angueira, Manuel Ferreiro, Emma Pedreira, María Barcala, Miguel Anxo Seixas, Lois Diéguez, Suso de toro e Claudio Rodríguez Fer serán os encargados de explicar a relevancia de cada autor reseñado. Os actos comezarán ás 12 da mañá nos xardíns de Lombardero.