Un encontro nas adegas Martín Códax de Cambados daba a coñecer na tarde deste 10 de maio a listaxe de proxectos que optan aos X Premios da Música de Galicia como finalistas. Un xurado encargouse desta fase da selección, e serán as votacións da persoas socias de Músicas ao Vivo, entidade que organiza os galardóns, as que seleccionen as propostas gañadoras.
O prazo de votación para os membros da asociación estará aberto entre o 11 de maio e o 4 de xuño, mentres o público poderá tamén votar na categoría de Artista Emerxente. Fillas de Cassandra, Sergio de Miguel e Lontreira son os tres nomes que optan a este recoñecemento, que celebra este ano a súa segunda xeira.
No encontro déronse a coñecer os nomes finalistas dos Premios Organistrum. Na categoría de Salas, aspiran ao recoñecemento a Sala Rebullón (Mos), o Aturuxo (Bueu) e Sala Pub Gatos (Melide). En Festivais compiten o Festival Alternativo Millo Verde (Redondela), o Canteira Fest (O Porriño) e a Foliada da Fonsagrada. Finalmente, os proxectos de Difusión Musical que chegan á final son Cuac FM, O Recanto do Corcovado e Galiciantunes.
No campo musical, na categoría de Blues, Funk e Soul foron seleccionados Udra, Ángeles Dorrío e Apart; na de Folk, Quico Comesaña + Grupo, Xurxo Fernandes e Abril, e na de Músicas do Mundo e Mestizaxe Catuxa Salom, Ton Risco e Marcos Teira, e Madalena Gamalho. En Canción de autor/a, pola súa banda, compiten Santi Araújo, Su Garrido Pombo e Tomás Porteiro.
Sila Lua, Møu e Boyanka Kostova son finalistas da categoría de Músicas Urbanas e, no caso do Orquestras, Grupos e Música de Verbena, os escolleitos Burgas Big Band, Orquestra La Oca Band e Grupo Limón. No apartado de Metal e heavy os finalistas 2023 son Arrhythmia, Youcanthide e Lost Minnow; en Bandas de Música Popular, Banda de Música Cultural de Salceda, Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda de Música "O Landro" de Viveiro.
Na Música Tradicional, chegan á final Pandeireteiras Sen Fronteiros, Paraíso Canto e Ailá, mentres en Música Infantil Pakolas, Pillaband, e Brais das Hortas foron os nomeados, e en Música Clásica e Contemporánea foi a quenda de Fabio Álvarez, Mario G. Cortizo e Papagena. Na categoría de Electrónica os tres seleccionados son Carabela, Terrae e Mel; en Jazz e Músicas Improvisadas participan da final Lucia Martinez & The Fearless, David Regueiro Trio Ft. Alexandre Cavaliere e Valentín Caamaño. Por último, no apartado de Rock e punk están na final dos galardóns as bandas Moura, Eager Platypus e Wetsocks; en Pop e indie os tres proxectos seleccionados son Banda Aldaolado, Blanco Palamera e Momboi.
A gala dos premios celebrarase o 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra. A directiva de Músicas ao vivo destacou a importante participación desta xeira, cun total de 430 proxectos inscritos en 2023.
O xurado estivo composto nesta décima edición por Nía Tarrío, investigadora musical, Iria Mejuto, xestora sociocultural, Pepe Cunha, comunicador impulsor de Ábrete de Orellas, Adrián Saavedra, intérprete de piano e compositor, e Antía Ameixeiras, violinista e parte do dúo Caamaño&Ameixeiras.
Os Premios Martín Códax da Música están organizados por Músicas ao Vivo, co patrocinio e apoio das Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra, AGADIC-Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.