O xornalista e escritor Camilo Franco será o novo director da feira Culturgal que este ano celebrará a súa décima sexta edición. A organización ven de anunciar o seu nomeamento que pecha o proceso aberto en febreiro de contratación desta figura tras a renuncia de Eva Alonso, que estivo no posto o pasado ano inaugurando esta praza creada fai pouco máis dun ano. Segundo a convocatoria, Franco poderÃa manterse nesta dirección varios anos, coordinando todas as accións e programa, asà como a loxÃstica e financiamento da feira. Segundo a súa folla de ruta, revelada nunha entrevista comunicada desde Culturgal, Camilo franco quere que feira sexa "referencia e laboratorio" da cultura galega, asumindo para o modelo que "por unha parte debe ser un escaparate do principal que ofrece a cultura galega cada ano e, por outra parte, ten que ser capaz de ofrecer iniciativas novas que se incorporen ao conxunto cultural do paÃs", di Franco.
Camilo Franco (Ourense, 1963) non precisa presentación no sector cultural galego. Como xornalista especializado en cultura traballou durante anos no xornal La Voz de Galicia e tamén como crÃtico de teatro para o Diario Cultural da Radio Galega. Como autor sempre se caracterizou pola súa transversalidade, facendo guións para audiovisual, obras de teatro, e propostas literarias nas redes desde fai máis de vinte anos, sendo un adiantado neste sentido a base de buscar novos xeitos de expresión e uso das tecnoloxÃas. Como xestor, ten dirixido a SELIC de Santiago de Compostela, dirixiu entre 2014 e 2016 a Escola do espectador do Festival Internacional de teatro de Carballo. No Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) realizou o proxecto 'Queres ser arte contemporánea?'.
O novo director da feira ten como obxectivo a ampliación de públicos dun evento que o pasado ano viviu unha caÃda de asistencia importante do 50 por cento respecto ás cifras que se manexaban antes da pandemia e que se mantiveron consolidadas durante varios anos ao redor dos 14.000 asistentes, segundo Ãa comunicando cada ano a organización. Camilo Franco ten como obxectivo ofrecer unha programación que non só amplÃe públicos senón que sirva de antesala do que está por vir na cultura galega ao seguinte ano para converter Culturgal no só nun escaparate do xa feito, senón do que está por vir. "A celebración en decembro do Culturgal deberÃa ser o punto de partida do ano seguinte, un adianto de todo o que culturalmente vai ser Galicia nos seguinte doce meses á súa celebración", asegura o novo director artÃstico.
A XVI Culturgal celebrarase do 1 ao 3 de decembro. A feira está organizada pola asociación do mesmo nome, presidida por VÃctor López e constituÃda en 2010. Forman parte de Culturgal as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas TecnoloxÃas (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A feira conta tamén co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Coruña.