Houbo que agardar ao oitavo disco de Xosé Manuel Budiño, "Fulgor" (2019) para escoitalo cantar coa súa voz ademais de escoitar a súa gaita, e o de Moaña xa non está disposto calar, ao contrario querer cantar máis. Budiño ven de lanzar o pasado dÃa 28 de abril o seu novo traballo longo, "Branca vela" (Arredor edicións, 2023) un disco con dez cancións incluÃndo a que lle dá nome que xa foi presentada como un dos adiantos e mostra do que se Ãa atopar no álbum, unha sorte de importantes colaboracións chea de cores sonoras sen complexos, incluÃndo bases electrónicas, recursos de produción e, como sempre, a raÃz tradicional e a gaita. Todos os temas son de composición do de Moaña, que abre o traballo cun dedicado á súa orixe local, Donón. O músico contou para este disco coas achegas de LeilÃa (no tema Branca Vela) pero tamén están aà Guadi Galego, Manuel Rivas, De Vacas, AntÃa Otero ou o coro Aires da Terra. Con eses vimbios Budiño xa ten o disco en todas as plataformas dixitais e está a presentalo en concertos, os seguintes en Tomiño (13 de maio),Redondela (14 de maio) e Sanxenxo (24 de xullo).