Comezaron en 1983 a facer rock en Cangas de Morrazo, converténdose nun referente pioneiro do heavy metal en Galicia durante a efervescencia das grandes capitais da "movida". Uns anos despois, co seu terceiro disco "Apuesta y gana" (1996), a banda incorporou a lingua e a cultura galega con letras de autores da nosa literatura ás súas gravacións, dende entón sempre foron xa un referente do rock en galego, con temas novos ou incorporando cancións populares ás sonoridades do rock metal. Agora chegan ao seu 40 aniversario, unha cifra impoñente, e queren celebralo na súa localidade cun concerto moi especial que incluirá as achegas de 15 artistas invitados que, segundo comunican, "forman parte da do panorama musical galego de agora e de sempre". AsÃ, este sábado, 6 de maio, no Auditorio Xose M. Pazos aso Astarot estarán dando un concerto moi especial de celebracións, no que subirán aos escenario amigos e amigas, como Rosa Cedrón, Xosé LuÃs Rivas "Mini", Lucia Pérez, Vituco Neira, Tonhito de Poi, Bieito Romero xunto a outros membros de Luar Na Lubre, dous dos membros de Los Suaves ou Josito Porto entre outros.
A veterana formación de rock, ten arestora nove discos editados, sendo o último 'Baixo a luz de Breogán' (RockCd Records) publicado o pasado ano. Nel a banda quixo render homenaxe a autores que marcaron a literatura en lingua galega como RosalÃa de Castro, Xela Arias, Federico GarcÃa Lorca ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros. O concerto preséntase como o de inicio dunha xira, pero aÃnda non hai outras citas confirmadas. Neste disco, como en moitos dos anteriores, Astarot demostrou o seu estilo pioneiro en Galicia na fusión de rock duro con música de raÃz celta. Astarot está formado por Juan A. Antepazo (voz principal), Carlos Gandón (guitarras e voz), Loren Tevra (guitarras e voz), Carlos Rodal (baixo), e José M. Piedra (baterÃa). Para o concerto deste sábado pódesen acadar entradas en Ataquilla.