O corpus editorial sobre Francisco Fernández del Riego amplÃase antes da celebración do DÃa das Letras Galegas coas publicacións que engaden as editoriais Xerais e Ir Indo. Ramón Nicolás asina "Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo" para Edicións Xerais, unha biografÃa divulgativa sobre o autor homenaxeado das Letras Galegas 2023 para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX. Pola súa banda a editorial Ir Indo, capitaneada por Bieito Ledo, recupera a biografÃa "Francisco Fernández del Riego, galeguista de acción e cultura" que o falecido Xosé LuÃs Franco Grande fixera no ano 2000, e presenta unha edición revisada e aumentada coa colaboración do profesor Anxo Rajó (Vigo, 1973), na que engade todo o relativo á ultima década de actividade do homenaxeado este ano polas Letras, falecido en 2010.