Amizades que conflúen nun libro

O CCG presenta un facsímile dunha obra de Del Riego e Laxeiro para conmemorar o Día das Letras Galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Cuberta do libro

Cuberta do libro

No ano 1994, Francisco Fernández del Riego apoiou o lanzamento dunha nova editorial viguesa, Aguatinta, publicando con eles unha edición especial do relato Na espera do amigo. A edición, concibida cun formato de vangarda, incluía unha serigrafía de Laxeiro a dúas cores como ilustración, revelando a paixón e o interes que sentía Francisco Fernández del Riego polas artes plásticas. O relato era un texto de mocidade de Del Riego, "un conto triste da emigración", como explicou durante a presentación do libro, esta mañá en Vigo, a presidenta do Consello da Cultura Galega Rosario Álvarez. O Consello da Cultura Galega editou este facsímile dentro da liña de conmemoracións que segue a institución e pódese descargar de balde desde o web da institución. O breve relato de Del Riego acompáñase de catro textos contextualizadores. Román Pereiro explica o nacemento do proxecto en Edicións Aguatinta, o filólogo Xosé López González sitúa a obra no contexto cultural posterior á Segunda Guerra Mundial e no ambiente artístico de Vigo a mediados do século XX. A historiadora Beatriz Liz de Cea explica a relación persoal de amizade que mantiveron Del Riego e Laxeiro.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un correspondente para América

Un correspondente para América

O CCG publica un especial coas publicacións que Francisco Fernández del Riego remitiu ás revistas da emigración

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Francisco Fernández del Riego, Consello da Cultura Galega, Vigo...