A Deputación da Coruña asinou un convenio coa Universidade de Salamanca para estudar catro campamentos romanos na provincia localizados nos últimos anos a través de técnicas de teledetección. Trátase de O Cornado (Negreira), Santa Baia (A Laracha) e A Cova do Mexadoiro (Trazo). Os investigadores, liderados polo profesor José Manuel Costa, realizarán un estudo arqueolóxico "por medio de técnicas de teledetección non destrutivas e deseñarán iniciativas de divulgación e socialización da investigación con fins turÃsticos, culturais e educativos". Os tres campamentos son distintos entre si. O Cornado é un dos campamentos romanos máis grandes do noroeste peninsular, situado nunha zona estratéxica do interior da provincia da Coruña. Santa Baia (A Laracha) ocupa un pronunciado outeiro que conta cun castro na súa zona superior. O recinto campamental integra o castro no seu interior. Pola súa banda, A Cova do Mexadoiro (Trazo), en moi mal estado de conservación, está situado nas proximidades da Depresión Meridiana, a máis importante vÃa de comunicación histórica da Galicia marÃtima. O proxecto, titulado "A chegada de Roma ao Finis Terrae" permitirá coñecer máis sobre a cronoloxÃa destes recintos militares e o proceso de implantación do poder romano sobre o territorio da antiga Gallaecia. Ata o momento, na provincia da Coruña só fora investigado un emprazamento militar romano: o forte de Cidadela (Sobrado dos Monxes).