'Acero.5' de Gonzalo Suárez acada dous premios no festival Ibicine

O filme acada o galardón do xurado a mellor longametraxe documental e o do público a mellor película do festival

Gonzalo Suárez cos seus premios Astarté Fonte: Ibicine
Gonzalo Suárez cos seus premios Astarté Fonte: Ibicine
A longametraxe documental autobiográfica 'A cero.5', de Gonzalo Suárez (Vigo, 1979) chegou esta fin de semana da 6ª edición do Festival Internacional de Cine de Ibiza, Ibicine, con dous galardóns. O filme, que conta a súa propia historia desde a súa intención de ser director de cine ata a situación vivida tras quedar en cadeira de rodas por unha lesión medular accidental, protagonizou, segundo a organización do evento, o momento máis emotivo da gala de entrega de premios ao recoller os galardóns Astarté do xurado á Mellor Longametraxe Documental e Astarté do Público á Mellor Película do festival. 'A cero.5' estreouse no ano 2021 na Seminci de Valladolid, na película Suárez narra a súa biografía con material audiovisual doméstico de arquivo e na disciplina deportiva do baloncesto en cadeira de rodas. A pelícUla está dispoñible na plataforma dixital Filmin.

Ligazóns