Suso de Toro obtén o Premio Nacional de Narrativa por “Trece Badaladas”

Trece parabéns

Suso de Toro vén de obter o Premio Nacional de Narrativa pola súa novela de misterio
“Trece badaladas”. Cun galardón en metálico de 15.000 euros, o autor compostelano
é o terceiro escritor en lingua galega que recibe este premio convocado polo Ministerio
de Educación e Cultura, despois de Manuel Rivas (1996) e Alfredo Conde (1986).
Suso de Toro ve premiada unha obra que xa supuxera un éxito de vendas na súa edición
da editorial Xerais e que xa tivo versión audiovisual dirixida por Xavier Villaverde.
Suso de Toro mantivo unha ampla presencia pública este ano nos medios en virtude
da súa intensa participación na plataforma ‘Nunca Máis’ e arredor do desastre
do Prestige. O xurado estivo composto por Juan Luis Cebrián, Xosé Luís Axeitos,
Ramón Hernández, Ángel Basanta, Darío Villalba e Ernesto Pérez Zúñiga.

Entrevista en profundidade en Culturagalega.org; Escoita a Suso de Toro lendo un fragmento da súa obra "Círculo" no noso especial "Poetas e Narradores"; Ficha de Trece Badaladas (a película) en AVG cun video no que fala da súa contribución á adaptación da novela ao relato audiovisual; Trece badaladas (a novela) en Xerais; "Botella ao mar", a bitácora persoal de Suso de Toro; Entrevista en Xerais; Suso de Toro, no buscador de Culturagalega.org