A ConsellerÃa De Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades presentou hoxe ante o Consello da Xunta o informe da posta en marcha do Plan de impulso ao libro galego, un dos seis plans previstos no Plan Xeración Cultura. O documento conta cun investimento de 3 millóns de euros e medidas consolidadas ás cales se suman 11 novas iniciativas pensadas para adaptarse á transformación dixital, adecuarse ás novas realidades de consumo e crear e fidelizar lectores. As accións abarcan cinco áreas: o apoio á creación, o impulso á edición e distribución, a proxección exterior, a difusión e o apoio ás bibliotecas públicas. Como novidade, desde a ConsellerÃa conveñen en establecer un acordo coas editoras galegas para que, a partir deste ano, sexan elas as que xestionen directamente a presenza do libro galego e dos seus profesionais nas feiras Liber e na de Frankfurt, cun orzamento de 35.000 euros.
Residencias en San Simón e foco na literatura infantil
Entre as medidas novas, por unha banda, ponse en marcha por primeira vez un programa aberto para creadores no ámbito da literatura coa finalidade de realizar residencias creativas temporais na Illa de San Simón, dirixido tanto a escritores como tradutores e ilustradores galegos e de fóra de Galicia, coa previsión de que se beneficien unhas 20 persoas cun investimento de 30.000 euros.
Unha segunda medida, segundo comunica a Xunta, será o proxecto de colaboración co Centro Superior de Investigacións CientÃficas de Galicia (CSIC) para lanzar o Laboratorio de Literatura Infantil e Xuvenil. Cun investimento de 70.000 euros, traballarase desde a innovación, na creación de espazos e de oportunidades entre os axentes do sector do libro, da comunidade cientÃfica e da sociedade galega que amplÃen a publicación de tÃtulos e de recursos de calidade. En terceiro lugar, e directamente vinculado coa medida anterior, colaborarase coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil para a creación dun Observatorio de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia, España e Iberoamérica que converta a Comunidade galega nun dos centros de referencia internacional na avaliación da situación deste tipo de literatura nas linguas iberoamericanas. O orzamento é de 50.000 euros.
Edición e distribución
Vaise estimular a publicación de libros en novos formatos que axude a ampliar públicos. Para iso levaranse a cabo dúas novas medidas. Por unha banda, lanzarase unha nova liña de subvencións para incentivar as empresas editoras galegas para que incrementen a cantidade e variedade de libros producidos e que favorezan o acceso universal á cultura, asà como o proceso de dixitalización da cultura galega, a través de materiais de lectura fácil para facer accesible a información a persoas con dificultades de comprensión lectora, e de audiolibros, favorecendo o achegamento sonoro aos textos literarios. Esta liña terá un orzamento de 150.000 euros.
Co vista posta na proxección exterior do libro galego, dos seus profesionais e das súas producións inclúese, ademais do acordo coas editoriais para a presenza en Liber e Frankfurt, a posta en marcha de bolsas especÃficas para residencias literarias fóra de Galicia para escritores, ilustradores e tradutores. Serán beneficiarios unha quincena de persoas e o investimento global será de 30.000 euros.