Alvarellos recupera as cinco portadas de Lugrís para Vida Gallega

A editorial preséntaas en formato cartel polo 50 cabodano do artista coruñés

As portadas recuperadas por Alvarellos Editora.
As portadas recuperadas por Alvarellos Editora.
Como unha homenaxe ao pintor Urbano Lugrís (A Coruña-Vigo, 1973) no ano do 50 aniversario da súa morte, Alvarellos Editora recupera cinco portadas históricas que elaborou nos anos 50 para a revista Vida Gallega, reconvertidas en carteis. Cos títulos "Globo de Betanzos", "Alegoría de Vigo", "Alegoría carnavalesca", "Collage" e "Alegoría das catro provincias galegas", Lugrís publicou estas obras gráficas como portadas da revista entre agosto de 1955 e febreiro de 1959. Neste período Lugrís colaboraría intensamente, ben por medio de textos literarios mais tamén a través de espectaculares ilustracións como as que elaborou para estas cinco portadas agora rescatadas con motivo dos 50 anos do pasamento do artista. A editorial preséntaas agora como facsímiles sacando un paquete que conten as cinco como carteis. de gran formato (34 x 45 cms). Só están dispoñibles para venda directa desde a editorial, xa sexa vía web ou nas citas previstas co público pola editorial, na Selic de Compostela en xuño e na Feira do Libro da Coruña en agosto.