Coa intención de concienciar sobre a problemática que supón a proliferación de proxectos de parques eólicos por todo o país están a aparecer diferentes propostas que incorporan a cultura ás mobilizacións sobre esta cuestión. Deste xeito, este 31 de marzo botaron a andar dúas novas iniciativas creativas arredor desta protesta. Na mañá da xornada preséntabase o I Festival do Suído, un evento que integrará música, poesía, un roteiro e un coloquio o vindeiro 15 de abril na Laxe, Fornelos de Montes.
O encontro, que organiza a Plataforma Sur da Dorsal Galega quere "dar a coñecer os valores naturais e culturais do Suído" e oporse á instalación do megapolígono eólico Carballoso nesta serra. O programa comezará cun roteiro no que se coñecerán elementos etnográficos da zona, como as construción de pedra seca, canda aos valores naturais da montaña. Unha sesión vermú coas voces poéticas de Silvia Penas, Miriam Ferradáns, Anxo Angueira e Ana Fernández seguirá a xornada, que rematará con concertos a cargo de Su Garrido, Tino Baz, Antilia e Tonhito de Poi. Un coloquio con Xosé Lois Vilar, Xosé Prendes, Xulio Eiroa e Adela Figueiroa fai tamén parte desta proposta.
A galería Solaina de Lugo, pola súa banda, abre ás 17 horas deste 31 de marzo Eólica así non!, unha mostra colectiva con obras que falan sobre a problemática eólica. Traballos de Catara Rego, Andrés Dearca, Lois Cid, Lúa Gándara, Olmo Blanco, Raquel Álvarez e Sergio Marey atópanse nesta exposición que estará aberta ata o vindeiro 15 de maio. Unha palestra de Adela Figueroa ás 19 horas acompañará a apertura da iniciativa.
Pola súa banda, os colectivos Alarma Terra de Montes, a asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, o Colectivo do Vento, a asociación SOS Suído Seixo e o colectivo de Rousmeri Caroi presentaban o pasado 14 de marzo o Encontro Burla Verde. Esta cita, que se celebrará o vindeiro 𝟮𝟵 𝗱𝗲 𝗔𝗯𝗿𝗶𝗹 𝗱𝗼 𝟮𝟬𝟮𝟯 en Sabucedo (A Estrada) presenta un completo programa no que están confirmados os nomes de Mounqup, O Rabelo, Sonoro Maxin, García Mc, Toma de Terra, O Leo de Matamá, Maria Lado e Lucia Aldao, Guadi Galego, Xoan Curiel, Uxía Senlle, Xurxo Souto, Jasper, Isabel Risco, NOGA, Aloumiños do Bosque, Peter Punk e Anxo Moure, entre outros. A xornada incluirá unha misa-romaxe, sesión vermú, espazo para crianzas, postos informativos, contacontos, exposicións, un curro-cabaré ou mesas redondas, para alén dos concertos.
De xeito previo a esa cita, a organización desenvolveu este 18 de mrazo unh acción fotográfica co lema O devalar do monte galego nos montes do Cádavo e Montouto, onde está previsto instalar aeroxeradores. Un recital poético en Toubes (Ourense) o 1 de abril, un torneo de balompé o día 8 en Cerdedo, ou un roteiro o 22 son outras propostas que fan parte do programa.